O co-produtor da série de televisión Glee e mais o guionista do remake de Carrie, Roberto Aguirre-Sacasa, está a manter conversas para escribir o libreto dunha nova versión do clásico Little Shop of Horrors para a Warner Bros. Pictures.
Roger Corman dirixiu o filme orixinal, unha película de série B do ano 1960, que despois foi convertido en musical para Broadway pola parella Ashman/Menken en 1982. Finalmente, Frank Oz adaptou o devandito musical á pantalla grande nunha longametraxe de 1986 protagonizada por Rick Moranis e Steve Martin, na que é se cadra a versión mais coñecida deste clásico.
A história vai sobre Seymour, un home moi tímido que descubre unha planta carnívora que medra cando lle bota sangue humana. Agárda-se que esta nova versión vaia nunha dirección distinta á das anteriores encarnacións, nas que a planta medra de xeito descontrolado. Marc Platt será o produtor e Joseph Gordon-Levitt axudará a desenvolver o proxecto, se cadra coa ideia de facer o papel de Seymour.