Brad Bird, entre 1906 e 1952

0
241

O director de The Incredibles e Mission Impossible: Ghost Protocol, Brad Bird, podería ter xa unha nova película na que traballar coma seguinte proxecto: o filme da Disney Pictures 1952.

O ex-produtor de Lost e guionista de Prometheus Damon Lindelof co-escribiu o guión de 1952 xunto a Jeff Jensen, e ainda que os detalles do argumento están polo de agora gardados en segredo, sábe-se que o proxecto será un filme de alto orzamento e mesmo con aspiracións de se lanzar en múltiples plataformas.

A Disney agarda que este sexa o vindeiro proxecto de Bird pero admiten que polo de agora é un pouco cedo para falar diso xa que a rodaxe non escomezaría até o ano que ven coa produción de Lindelof. Bird mentres tanto continúa a desenvolver un proxecto de seu, titulado 1906, e que mália a semellanza no título, non ten ren que ver co anterior.