Acredite-lo ou non, trinta anos despois, Ralph Hinkley e mais o reparto da série O grande heroe americano continúan sobrevoando o xénero fantástico, e esta vez achegándo-se ao mundo do cómic e da animación.
No decurso da Comic-Con celebrada en San Diego, o reparto daquela mítica série de televisión dos anos 80 revelou que axiña poderemos seguir disfrutando das súas aventuras, esta vez nunha série de cómic e ademáis en debuxos animados que se poderán ver na Internet. Lanzado pola editorial Catastrophic Comics, cuxo dono é o protagonista d’ O Grande Heroe Americano, William Katt, o cómic tentará revitalizar as histórias dun superheroe patoso que acada superpoderes ao se poñer un traxe que lle deron os extraterrestres.
“É unha série en marcha” – dixo Katt – “Imos facer seis tomos e mais unha novela gráfica para escomezar, e logo faremos outros seis. Logo nalgún intre no primeiro trimestre de 2009 lanzaremos as animacións en Flash pola Internet, así que haberá unha chea de diversión“.
Estas saborosas novas chegan para se engadir ao anúncio realizado polo produtor executivo Stephen J. Cannell de desenvolver unha longametraxe baseada na clásica série, e na que moi probábelmente aparecerán coma convidados os actores orixinais, William Katt, Robert Culp e Connie Selleca.
Cando lle preguntaron como se sentirá poñendo de novo o traxe vermello, Katt bromeou: “ainda quéda-me apretado na entreperna“.