Prometheus matou ás Montañas da Loucura

0
175

Cando o ano pasado confirmou-se a nova de que Guillermo del Toro non ía poder facer a súa versión para o cinema do clásico de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura, foi un día triste para todos os afeccionados. Nombergantes, ficou a impresión de que Del Toro non se rendía e de que tarde ou cedo os seus plans poderían facer-se realidade, mália que os estudos non querían nin oír falar dunha versión para maiores de 18 anos e cun orzamento tan elevado (por riba dos 150 millóns de dólares).

Agora seica a derradeira das esperanzas apága-se após dunhas liñas que o realizador mexicano ven de publicar no sítio Web oficial dos seus fans, Del Toro Films, nas que fai referéncia a que as semellanzas entre os argumentos e mesmo ás escenas de Prometheus e de Nas Montañas da Loucura farán imposíbel facer unha longametraxe sobre o libro de Lovecraft, alomenos durante un longo tempo.

Prometheus comezou a se filmar hai un tempo – xusto cando estabamos na preprodución de Pacific Rim. O mesmo título deu-me un descanso – sabendo que Alien estaba fortemente influenciada por Lovecraft e mais a súa novela.

Esta vez, décadas despois co orzamento e mais o lugar que Ridley Scott ocupaban, asumín que a metáfora grega aludía aos aspectos da creación do libro de HPL.

Coido que teño razón e se é así, coma fan, estou encantado de ver unh novo filme de ciéncia-ficción, pero isto marcará probábelmente unha longa pausa, ou se cadra o remate – para Nas Montañas da Loucura.

A parte triste é que eu levaba perseguindo o filme das Montañas da Loucura durante mais dunha década xa, e en fin, após de Hellboy II dous proxectos que eu quería moito non chegaron a bó porto para min.

A parte boa é: un proxecto fíxo-se… e estou encantado del e agradecido polas loubanzas que recebín“.

Cando lle preguntaron que falase sobre as semellanzas entre os dous filmes, Del Toro dixo: “é a mesma premisa. Escenas que serían case idénticas. Ambos os dous filmes seica comparten idénticos decorados e mais exactamente a mesma revelación (o xiro) ao final. Non quero estraga-lo“.