Comedores de homes

0
150

O actor e produtor Michael Emanuel ven de recrutar a Dean Cain (o Superman de As aventuras de Lois & Clark), Conrad Janis, Stephen Lunsford, Walter Phelan, Maximillian Roeg e Lacy Phillips para o seu debut coma director no thriller de terror Maneater. A Canal Street Films producirá e Eric Lewald será o produtor executivo. O filme vai sobre un antigo criminólogo do FBI e sheriff dunha pequena vila que investiga uns misteriosos asasinatos derivados dunha antiga lenda índia.