Precipitado adéus a Alcatraz

0
159

A Fox ven de botar ao mar a chave de Alcatraz. O thriller fantástico de J.J. Abrams foi cancelado após de tan só unha tempada de 13 episódios.

A série de televisión ía sobre unha parella de investigadores da Policía composta por Rebecca Madsen (Sarah Jones) e mais o doutor Diego Soto (Jorge Garcia) que traballan para aclarar como 340 reclusos e gardas da prisión de Alcatraz desapareceron en 1963 e por que están a reaparecer hoxe coma se o tempo nunca pasara pro eles. A série estaba tamén protagonizada por Jonny Coyne, Parminder Nagra, Jason Butler Harner e Sam Neill.

Os comezos de Alcatraz foron moi prometedores: lanzada en xaneiro con boas críticas e bós datos de audiéncia, apoiados por unha forte campaña publicitária, semellaba que este ía ser o seguinte éxito de Abrams na tele após de Lost, un programa co que compartía moitas cousas en común.

Nombergantes, xa na súa segunda semana os índices de audiéncia conmezaron a baixar, non demasiado pero si abondo coma para desacougar á canle. En total, cando se emitiu o episódio final (que non estaba pensado para ser final realmente) os índices situaban a Alcatraz no cuarto posto dos programas mais vistos na súa franxa horária e cun ratio do 1,6% de espectadores.

A Fox polo tanto decediu non conceder mais oportunidades ao programa, especialmente despois de que fixeran unha excepción á súa regra de cancelar todo o que non sexa líder de audiéncia con outra série de Abrams, neste caso Fringe.