Rebecca Hall entra en Iron Man 3

0
206

A actriz Rebecca Hall (The Awakening) está en conversas para se unir ao reparto de Iron Man 3, o vindeiro filme de Shane Black que devolverá ao superheroe multimillonário ás pantallas de cinema grazas á Marvel Studios e mais á Disney Pictures.

Hall interpretaría a unha científica que xoga un papel moi salientábel na creación da nanotecnoloxía coñecida coma Extremis e que remata pro ser vendida a terroristas. A história está baseada na minisérie de seis números do mesmo título que apareceu nos cómics do persoaxe e que contaban cun guión de Warren Ellis. Xa o primeiro filme foi fortemente influenciado por este cómic, ao que aghora regresan os guionistas na procura de mais inspiración.

Jessica Chastain estivo até agora vencellada a este papel, pero o luns revelou nunha entrevista que tiña conflitos co seu calendário de traballo e que non podía facer-se cargo do persoaxe. Este mes deberá escomezar a filmación en Carolina do Norde, e despois transladará-se a China.