Wadlow na secuela de Kick Ass

0
206

A secuela do filme de 2010 Kick-Ass, que adaptou o cómic do mesmo título de Mark Millar e John Romita Jr. sobre un rapaz aspirante a superheroe, está xa en desenvolvemento, pero seica non do xeito que poderiamos agardar. O director de Cry Wolf e Never Back Down, Jeff Wadlow, escribiu un guión e vai dirixir o proxecto, que xa está en marcha para comezar a se rodar en agosto.

Agora os estudos queren convencer ao reparto orixinal para que regrese aos seus papéis: Aaron Johnson, Chloe Moretz e Christopher Mintz-Plasse non asinaron no seu día para facer ningunha secuela, polo que son libres de aceptar ou non.

O primeiro filme foi producido pola Lionsgate, pero os dereitos para adaptar o cómic regresaron a poder do director do primeiro filme, Matthew Vaughn, quen agora será o produtor (o seu compromiso para facer a secuela de X-Men: First Class impíde-lle dirixir outra vez).