Mais raro ca un can vermello

0
164

A Illumination Entertainment, a compañía de animación responsábel de The Lorax e Despicable Me, van adaptar a outro persoaxe infantil ás pantallas de cinema, neste caso ao can vermello Clifford, nun filme que misturará acción real con imaxes xeradas por computador.

Clifford the Big Red Dog narrará as aventuras de Clifford, un can vermello de 8 metros de alto e mais o seu dono, unha nena chamada Emily Elizabeth que é a responsábel de que sexa tan grande, porque o seu amor por el é o que lle fai medrar. Por mor do seu tamaño, a súa família debe mudarse fóra da cidade na que vivían a unha vila nunha illa de Nova Inglaterra.

Matt Lopez escribirá o guión, baseado no popular conto para nenos orixinal de Norman Bridwell. Chris Meledandri e Deborah Forte serán os produtores.