Inmigrantes na autoestrada do demo

0
111

Edward R. Pressman ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gráfica de terror The Feeding Ground.

O thriller orixinal vai sobre un traficante de inmigrantes ilegais que é obrigado a introducir á súa própia família nos Estados Unidos despois de que o seu irmán pequeno teña un problema cun gángster local.

Co cártel dos delincuentes mexicanos e mais a patrulla de vixiláncia fronteiriza dos Estados Unidos pisándo-lle os talóns, a família fica atrapada nun lugar que é terra de ninguén coñecido co nome de Autoestrada do Demo, e alí descubren que están a ser axexados por criaturas sobrenaturais.

Alfonso Gomez-Rejon, un antigo axudante persoal de Martin Scorsese, será o encargado de dirixir este proxecto, que conta cun guión de Carlos Coto.