Paddington nas pantallas de cinema

0
158

O produtor da saga de Harry Potter David Heyman e mais a Studiocanal van unir as súas forzas para facer un filme que combinará acción real con gráficos xerados por computador para traer ás pantallas de cinema a todo un clásico da literatura inglesa para nenos: o persoaxe do ursiño Paddington.

Paul King (Bunny And The Bull) será o encargado de dirixir este filme, que narrará as aventuras do curioso pero educado ursiño que viaxa dende o seu Perú natal á estación de Paddington en Londres, onde é adoptado por unha família inglesa. Aínda que o primeiro libro desta saga infantil foi publicado en 1958, o filme estará ambientado na actualidade.

O proxecto pasara anteriormente polas mans da Warners en 2007, pero dado que os estudos non puideron saca-lo adiante, seráagora a Studiocanal quen fináncie, distribúa e venda o filme.