Del Toro codirixirá o seu Pinocho

843

O realizador mexicano Guillermo Del Toro e mais o director de animación de Fantastic Mr. Fox Mark Gustafson codirixirán conxuntamente o filme Guillermo Del Toro’s Pinocchio, unha produción de debuxos animados en 3D rodada coa técnica de stop-motion (fotograma a fotograma) para a Jim Henson Company.

Matthew Robbins escribiu o guión que ten coma protagonista ao lendário monicreque creado por Carlo Collodi embarcado nunha série de aventuras nas que tentará demostrar-se a si mesmo que é tan indestructíbel coma o amor polo seu pai, o carpinteiro Gepetto. A história estará ambientada na Itália de entreguerras, unha época na que “todo o mundo se comportaba coma un monicreque, agás os monicreques“, segundo as verbas de Del Toro.

O director de O Labirinto de Pan ía ser nun princípio só o produtor, pero finalmente aceptou tamén o posto de codirector debido a que o proxecto era demasiado grande e complexo para Gustafson só. Agárda-se que a rodaxe dure un ano enteiro, a contar dende o vindeiro verán.