A Park Entertainment ten previsto poñer á venda unha adaptación ao cinema do conto orixinal de Stephen King The Reach no decurso do vindeiro Marché du Film en Cannes este mesmo mes.
O filme está actualmente en desenvolvemento pola DownEast Village Productions cun orzamento de entre 12 e 14 millóns de dólares. O título (O brazo, en galego) fai referéncia ao brazo de mar de 1,5 millas que hai entre Goat Island e mais a costa de Maine.
A história, escrita en 1981, apareceu na colección de 1985 Skeleton Crew xunto con outras tan populares coma The Mist e The Raft, e vai sobre unha muller de 95 anos que se embarca nunha difícil viaxe até a costa dende a illa na que vive, despois de que o brazo de mar que as separa se conxele por primeira vez nos últimos 50 anos. En España o libro nunca foi publicado de xeito independente, senón que se vendeu en catro tomos que apareceron ao longo de dez anos.
Grayson Ross e Jodi Hansell serán os produtores. O filme está nestes intres á procura dun director e de atopar reparto.