A Disney adapta a precuela de Peter Pan

971

Jesse Wigutow (The Osterman Weekend, Cross Creek) ven de ser contratado para escribir a adaptación ao cinema da novela infantil supervendas de 2004 Peter and the Starcatchers para a Disney Pictures.

O libro e mais a película son esencialmente unha precuela do clásico conto de J.M. Barrie e serve coma orixe de Peter Pan, explorando a história do persoaxe  o tempo que aconteceu antes de que levase a Wendy ao País de Nunca Xamáis. Dave Barry e Ridley Pierson escribiron o libro.

A recente adaptación a un musical de Broadway deste mesmo libro acadou nada menos ca nove nominacións aos prémios Tony, os Oscar do teatro. O libro é ademais o primeiro dunha série, o que servirá coma potencial franquía por se os estudos queren facer mais películas.