Isabelle Fuhrman úne-se a Suspiria

1233

Isabelle Fuhrman (Orphan, The Hunger Games) é a mais recente incorporación ao elenco de actores do vindeiro remake de David Gordon Green do clásico filme de terror de Dario Argento de 1977 Suspiria.

A história vai sobre unha rapaza que viaxa a Europa para asistir a unha escola de sona mundial, pero alí decáta-se de que o coléxio é en realidade un aquelarre de meigas. Janet McTeer, Michael Nyqvist e Antje Traue son as outras protagonistas.

Green será o director a partir dun guión que el mesmo escriiu xunto a Chris Gebert. Adam Ripp, Rob Paris, Francesco Melzi d’Eril e Luca Guadagnino son os produtores deste filme, cuxa rodaxe escomezará en setembro.