Novo guionista para os símios

0
184

O guionista de Contagion, Scott Z. Burns, ven de aceptar o encargo de traballar na secuela do filme da Fox Rise of the Planet of the Apes para a Chernin Entertainment.

A película continuará a acción dende o punto no que ficou no filme do ano pasado, que resultou un éxito tanto a nivel de crítica coma de público. Coa sociedade humana derrubánndo-se após de que un virus se espalle polo mundo, os símios ceibos escomezan a dominar o planeta e convérten-se nos novos amos da sociedade.

Tanto o actor Andy Serkis, que interpretou ao líder símio Caesar, coma o director Rupert Wyatt regresarán para esta secuela. Burns terá agora que decidir se adapta, continúa o traballo ou escomeza dende cero, xa que até agora existía un guión prémio de Amanda Silver e Rick Jaffa.