Son os Vingadores o seguinte Avatar?

795

Aínda non temos os dados correspondentes a estes últimos cinco días, pero o certo é que o filme Avengers da Marvel leva camiño de ser o filme con máis éxito no despacho de billetes da historia. Polo de agora, a súa recadación baixou un 50% dende a súa primeira fin de semana, pero aínda e con todo iso convérte-o no filme con máis recadación na súa segunda fin de semana, batendo a Avatar por moito (Avatar fixo 75 millóns na súa segunda fin de semana e Avengers fixo 103, até un total de 373 millóns que leva polo de agora).

O máis impresionante de todo é que considerando que xa leva tres semanas de exhibición en todo o mundo, Avengers leva recadados máis de 1.000 millóns de dólares, batendo outra marca, neste caso o de The Dark Knight. A estas alturas xa é a 11ª película con máis recadación de todos os tempos.

A grande pregunta é se será capaz de continuar co mesmo ritmo e até onde poderán chegar os seus números, Sobrepasar os 1.330 millóns que fixo o derradeiro episodio de Harry Potter é xa unha certeza, así que a cousa está en saber se poderá chegar a sobrepasar aos imbatíbeis 2.780 millóns que acadou Avatar ou os 2.180 millóns de Titanic.