O regreso dende o pó

0
186

A MGM ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a colección de contos de 2002 do escritor de ciencia-ficción Ray Bradbury From The Dust Returned.

As historias teñen coma fío condutor á figura dun rapaz adoptado por unha familia de gules bós. Cada conto vai revelando aos estraños personaxes que compoñen á devandita familia.

Denise Di Novi e Alison Greenspan están na produción deste proxecto, o que supón o seu segundo intento de levar a Bradbury ao cinema, xa que anteriormente o tentaran con The Illustrated Man na Warner Bros. Pictures.