O presidente da Warner Bros. Pictures, Jeff Robinov, ven de revelar á prensa financeira que os estudos mudaron de opinión respecto do futuro non só da franquía de Superman senón de todos os superheroes da DC Comics dos que posúen os dereitos para desenvolver filmes.
Así, no canto de facer unha secuela á decepcionante película de 2006 Superman Returns, a Warner planea facer un relanzamento do persoaxe, do mesmo xeito que fixera a Universal con Hulk este ano.
Robinov dixo que “Superman non funcionou abondo ben como filme do xeito que nós pretendíamos, non posicionou ao persoaxe do xeit oque precisabamos que se posicionase. Se Superman funcionara en 2006, xa teríamos unha película para nadal deste ano ou 2009. Pero agora o plan é só reintroducir a Superman sen facer referéncias a unha película prévia de Superman ou Batman“.
Os estudos negaron asemade os proxectos de Batman vs. Superman e da Liga da Xustiza polo de agora xa que planean adoptar o mesmo modelo que a Marvel Studios está a desenvolver arestora – lanzar un filme para cada persoaxe, e logo usar eses filmes e mais as súas secuelas para crear unha película con moitos persoaxes uns anos despóis.
Do mesmo xeito cá Marvel, o obxectivo da DC Comics é fornecer con dous dos 6 ou 8 persoaxes principais por ano á Warner para 2011. Os estudos desexan lanzar catro películas con persoaxes de comic de superheroes nos dous vindeiros anos, incluindo un terceiro filme de Batman, un novo filme reintroducindo a Superman, e dous películas enfocadas noutros dous persoaxes da DC Comics. Actualmente teñen na axenda a Lanterna Verde, Flash, Frecha Verde e Wonder Woman.
Ao contrário cá Marvel cos seus argumentos lixeiros e máis enfocados á fantasía pura (coma nos casos de Iron Man e Spiderman), o obxectivo é facer un tón máis escuro e realista, ao xeito de O Cabaleiro Escuro para todos os seus heroes: “Imos tentar poñernos escuros até o punto que os persoaxes o permitan“, dixo Robinov.
Os plans oficiais e as novas datas de lanzamento de cada proxecto serán anunciadas o mes que ven.