Os Pitufos terán terceira parte

724

A Sony Pictures Animation non quere ficar atrás no seu intento de converter aos Pitufos nunha franquía de éxito. De feito, e mentres a produción da segunda parte apenas deu comezado hai uns días, coa idea de levar o filme ás salas de cinema en xullo de 2013, os estudos xa están a pensar nunha terceira entrega, e de feito veñen de contratar á parella de guionistas composta por Karey Kirkpatrick e Chris Poche (autores de Over The Hedge) para que escriban a seguinte secuela.

O produtor Jordan Kerner fica a bordo, pero non se sabe se o director Raja Gosnell ou o resto dos membros do elenco de actores estará vencellado para unha terceira parte.