Coixet tamén triúnfa en Hollywood

0
151

A directora española Isabel Coixet (My live without me, Secret Life of Words, Escuchando al juez Garzón) ven de asinar o contrato que a vencella coma nova responsábel do romance fantástico The Age of Adaline para a Lakeshore Entertainment, a Sidney Kimmel Entertainment e mais a Anonymous Content.

Mills Goodloe e Sal Paskowitz escribiron o guión deste filme, que vai sobre unha muller nova que morre e logo é resucitada nun estraño accidente que a deixa fisioloxicamente encerrada ao final dos seus vinte anos. Após de vivir décadas nunha existencia solitaria, finalmente coñece a un home que se cadra podería ser quen lle fixera perder a súa inmortalidade pero en troques poderán viviren e envelleceren xuntos.

O proxecto foi creado inicialmente para a actriz Katherine Heigl e máis o director Andy Tennant. Gabrielle Muccino tamén estivo vencellada á produción, pero ningún deles está xa a bordo.

Steve Golin, Alix Madigan, Sidney Kimmel, Tom Rosenberg e Gary Lucchesi serán os produtores.