Hulk vive, o Castigador morre

773

O presidente da ABC Entertainment, Paul Lee, após do éxito dos Vingadores no cinema, fixo saber esta semana o seu interese por desenvolver adaptacións da Marvel para a televisión.

Así, nunha recente entrevista revelou que a serie do Incríbel Hulk producida por Guillermo del Toro aínda segue adiante: “Hulk está en desenvolvemento. Non ía estar lista para esta tempada, pero agardamos que o estea para a vindeira“.

Un proxecto que non correrá a mesma sorte é o do Punisher (coñecido coma o Castigador nos cómics en España). A idea de leva-lo á televisión fora do produtor de Criminal Minds Ed Bernero e semellaba que a Fox estaba interesada, pero o episodio piloto no que aparece un policía de New York converténdo-se no vixilante enmascarado ao final da súa xornada de traballo foi rexeitado pola canle e asemade o proxecto está esencialmente morto.