Fry e Laurie regresan a Canterville

0
155

Antes de se converteren nas iconas mediáticas que son na actualidade, a parella formada por Hugh Laurie e Stephen Fry era xa coñecida en Inglaterra grazas a unha serie de televisión dos anos 80 chamada A víbora negra (Blackadder) que foi emitida con relativo éxito pola TVG e na que aparecían de vez en cando en diversos sketches.

Agora o dúo vai traballar xunto unha vez máis nunha adaptación da clásica obra A pantasma de Canterville de Oscar Wilde e na que emprestarán as súas voces aos personaxes protagonistas. O mesmo Fry deu a coñecer a nova a través do seu Twitter dicindo que “M’coll Hugh e mais eu traballaremos xuntos para poñer as voces dunha nova serie de debuxos animados baseada en A Pantasma de Canterville de Oscar Wilde“.

A Melmoth Films está á procura de financiamento para este proxecto que conta coa adaptación dos guionistas Keiron Self e Giles New (That Mitchell And Webb Look).