O coguionista de Blade Runner Hampton Fancher está a manter conversas co obxectivo de se encargar de escribir a secuela daquel mítico filme de ciencia-ficción de 1982 a partir dunha idea que está nas súas primeiras fases de desenvolvemento a cargo de Ridley Scott.
A Alcon Entertainment e mais Scott polo de agora non queren comentar ren sobre os detalles do filme, pero confirmaron que estará ambientado algúns anos despois dos feitos relatados na primeira película.
Fancher e David Peoples escribiron o guión daquel clásico, baseándo-se para elo nun conto orixinal de Phillip K. Dick titulado Soñan os Androides con Ovellas Eléctricas?. Para esta segunda parte a produción corre a cargo de Scott, Broderick Johnson, Andrew Kosove, Bud Yorkin e mais Cynthia Sikes Yorkin.