Un novo intento con Night Stalker

0
132

D.V. DeVincentis (Grosse Pointe Blank, High Fidelity) ven de ser contratado para escribir o guión que adaptará á pantalla grande a série de televisión dos anos 70 The Night Stalker para a Disney Pictures.

Johnny Depp ainda está vencellado ao papel protagonista e Edgar Wright coma director deste proxecto baseado na série de culto dos anos 70 Kolchak: The Night Stalker que emitiu a canle ABC.

A série ía sobre Carl Kolchak (Darren McGavin), un xornalista que investigaba extraños crimes cometidos por axentes sobrenaturais. Stuart Townsend protagonizou un remake para a televisión hai uns anos, que non tivo moito éxito.

Depp será o produtor xunto a Christi Dembrowski.