Ryan Reynolds, o novo Highlander?

0
199

Ryan Reynolds (Lanterna Verde) é o nome que mais soa a estas horas para se facer co posto de protagonista do vindeiro filme de Juan Carlos Fresnadillo, o relanzamento da franquía de Highlander pola Lionsgate e mais a Summit Entertainment.

Seica ambas partes están a manter xa contactos preliminares e teñen ganas de traballaren xuntos neste proxecto, pero Reynolds ainda está a sopesar outras ofertas.

A série orixinal, que en España titulou-se Os Inmortais, vai sobre un guerreiro inmortal que debe enfrontar-se a outros iguais ca el a través dos séculos até que só fique ún vivo.

Matt Holloway e Art Marcum escribiron o guión para este proxecto, que contará coa produción de Neal Moritz e Peter Davis.