Scott Speedman, Bill Pullman e mais Ali Larter serán os protagonistas da versión para o cinema da controvertida novela de ciéncia-ficción de Barry Malzberg de 1972 Beyond Apollo, gañadora do primeiro prémio Memorial John W. Campbell á millor novela de ciéncia-ficción, en 1973.
A história vai sobre a primeira misión espacial humana a Venus con dous astronautas a bordo, e que é abortada cando estaba a médio camiño e debe regresar á Terra. Pero cando as equipas de rescate atopan a cápsula espacial, descubren que o capitán desapareceu e que o único astronauta supervivinte non ten ideia do que aconteceu.
Michael Grodner escribiu o guión e será o director. Aaron Ockman será o produtor e a rodaxe escomezará este outono.