Chega o Universo Stargate

0
189

Stargate UniverseO SCI FI Channel ven de anunciar que deu luz verde á produción de Stargate Universe, a terceira série secuela da clásica franquía de ciéncia-ficción, que será producida pola MGM Television Entertainment a comezos de 2009.

Brad Wright e Robert Cooper, os co-creadores de Stargate SG-1 e Stargate Atlantis, serán os produtores executivos e os guionistas da nova série (Atlantis rematará a súa quinta e derradeira tempada o ano que ven pero continuará cun telefilme de dúas horas).

O SCI FI Channel obtivo un tremendo éxito con Stargate SG-1 e con Stargate Atlantis, e estamos orgullosos de ser o fogar da nova série Stargate Universe“, dixo Mark Stern, vicepresidente executivo da canle nunha declaración oficial. “Stargate Universe continuará o legado dos vibrantes argumentos e convincentes aventuras de Stargate, pero reinventará o formato dun xeito totalmente novo“.

Após de descubrir o mistério do noveno símbolo en forma de V da Stargate, unha equipa de exploradores viaxa a unha nave espacial sen tripulación chamada Destiny, lanzada polos Antigos no cúmio da súa civilización como grande experimento en marcha pero nunca completado.

O que escomeza coma unha simple misión de recoñecemento convírte-se nunha misión sen fin cando a tripulación descubre que a nave non pode regresar á Terra e que deberán defender-se pola súa conta a bordo da Destiny.

A tripulación viaxará até os derradeiros recunchos do Universo, conectando coas Stargates anteriormente lanzadas, completando deste xeito a misión orixinal da Destiny.

Stargate Universe debutará cun telefilme de dúas horas de duración na canle SCI FI Channel, e após diso continuará cunha série normal no verán de 2009.