Lobeto róda-se en agosto

0
211

As secuelas de dous proxectos de filmes de xénero longamente agardadas recebiron esta semana senllas respostas por parte dos estudos pero moi diferentes entre si.

A secuela de Wolverine foi confirmada polo seu protagonista, Hugh Jackman, por médio do seu Twitter. Nel informou que por fin hai datas de rodaxe en Austrália e Xapón, así que a longametraxe escomezará, un ano despois do inicialmente previsto, este mesmo mes de agosto.

Outro filme inicialmente previsto para se rodar en Austrália era a secuela (ou relanzamento, cousas nunca aclarada do todo) da saga de Mad Max. As últimas novas dicían que a rodaxe podería ir a Namíbia, onde os custes son moito menores, pero unha vez mais o proxecto enteiro deberá agardar porque non lle chegou a súa financiación. O actor Tom Hardy dixo en Cannes que ainda non hai pechada unha data de escomezo para a rodaxe.