O filme de Tekken terá unha precuela

0
191

Con mais de 40 millóns de cópias vendidas e unhas críticas moi positivas para a segunda e terceira entregas da saga, a franquía do videoxogo de artes marciais Tekken semella un forte candidato para dar o chimpo ás pantallas de cinema unha vez mais, após das longametraxes xaponesas de anime de finais dos anos 90 e as mais recentes Tekken: Blood Vengeance (2011) e Tekken (2010) coa dirección de Dwight H. Little.

Agora, e mália que o director da série de videoxogos Katsuhiro Harada rexeitou a ideia de facer outro filme con actores de carne e óso, o CEO da Crystal Sky Pictures, Steven Paul, confirmou que están a deseñar un novo proxecto, que desta volta será unha secuela e levará por título Tekken: Rise of the Tournament.

O filme Tekken estreára-se en Xapón nas salas de cinema en 2010 pero no resto do mundo foi directo ao mercado de vídeo. Paul agarda que a precuela, que dirixirá Prachya Pinkaew (Ong Bak), poida ter unha oportunidade nas pantallas.