Continúan as aventuras do Cristo

796

Alister Grierson (Sanctum) será o encargado de dirixir o filme Mary Mother of Christ para a Aloe Entertainment, a Bright Light Pictures e mais a Motive Entertainment, no que suporá a primeira precuela do grande éxito de 2004 dirixido por Mel Gibson The Passion of the Christ.

O guionista de The Passion of the Christ, Benedict Fitzgerald, repetirá o seu traballo coma escritor dun filme fantástico baseado na Bíblia, pero esta vez coa axuda de Barbara Nicolosi; todo elo coa ideia de facer que esta película se convirta na primeira precuela da famosa saga protagonizada polo mítico heroe dos cristiáns. O argumento do filme estará baseado nos intentos de María, a nai de Xesús, por desafiar ao rei Herodes e asemade salvar ao seu fillo dunha matanza que prepara o rei.

O traballo de cásting está xa escomezado, e a actriz israelí Odeya Rush será a encargada de dar vida a María, mentres que Julia Ormond e mais o veterán Peter O’Toole terán papéis secundários.