GI Joe: Retaliation adiada nove meses

655

Nun movemento bastante sorprendente a tan só un mes para a súa estrea, a Paramount Pictures ven de adiar o lanzamento de G.I. Joe: Retaliation nada menos ca nove meses, dende o 29 de xuño até o 29 de marzo de 2013.

A razón principal para este adiamento é que permitirá aos estudos refacer totalmente a película para converte-la ao formato de 3D, un formato que ainda está acadando bós resultados a nivel internacional e especialmente nos chamados “mercados emerxentes” que están desexando ver filmes americanos, coma China e Rúsia.

É incríbelmente evidente que o 3D soa moito millor entre os espectadores internacionais e xunto coa Paramount, tomamos a decisión de traer aos fans unha experiéncia ainda mais inmersiva“, dixo o CEO da Hasbro Brian Goldner nun comunicado oficial.

Agora que a estrea de G.I. Joe deberá agardar, a Universal quere que o creador de Family Guy Seth MacFarlane faga o seu debut coma director no filme Ted un par de semanas antes do previsto.