Peter Segal dirixirá a Máquina de Diesel

0
192

O director de Get Smart, Peter Segal, está a manter conversas preliminares para se facer cargo da nova longametraxe de Vin Diesel, The Machine, para a MGM.

Thomas Lennon e Robert Ben Garant escribiron o guión sobre unha máquina con forma humana (Vin Diesel) creada en segredo polo Pentágono para servir coma a primeira auténtica arma definitiva. Dous décadas despois o governo decide paralizar o proxecto por razóns descoñecidas, e daquela un neno atopa e se fai amigo d'”A Máquina”.

Segal ainda ten un bó número de proxectos pro diante, coma Grudge Match ou Bleach, e polo menos rematará un dos dous antes de se ocupar desta longametraxe, que conta coa produción de Michael EwingMarc Platt, ademáis dos xa mencionados Lennon e Garant.