ALF: a película

0
160

O creador da clásica série de televisión ALFPaul Fusco, está a considerar un guión para adaptar a súa famosa comédia televisiva dos anos 80 á pantalla grande.

O famoso álien peludo e irreverente do planeta Melmac, que vivía cunha família humana agochado dos axentes do governo que o querían utilizar nos seus experimentos tivo unha acollida moi boa e durou 103 episodios dende 1986 a 1990. Fusco, que ademáis de crear a série, tamén facía de ALF, dixo que “coido que é o momento axeitado. É unha cousa importante, o momento. Houbo películas por aí con persoaxes que non coidaba que estivesen ao mesmo nivel de ALF e se fixeron. Así que coido que é o intre. Coido que podería ser un golazo a moitos nivéis“.

Para os fans, este filme podería levar o perigo de deturpar a imaxe do persoaxe, así que cabe preguntar-se que clase de cámbios se poden facer dado que o mundo no que vivimos é moi diferente ao dos anos 80: “Coido que o persoaxe ainda mantén-se e de feito ten agora moito mais que dicir ca nunca. Coido que nos achegaríamos a el dun xeito novo. Non coido que duplicáramos a série dos 80, pero coido que se cadra poñeríamo-lo nun argumento onde poidamos explicar como chegou ALF aquí e poñe-lo cunha nova família e deixar que o persoaxe fale por si mesmo“, dixo Fusco.