Gary Oldman creará a Robocop

0
197

Gary Oldman será o actor que lle dea o contrapunto ao protagonista de Robocop, o remake do clásico do cinema de ciéncia-ficción que dirixe o brasileiro José Padilha e que protagonizará Joel Kinnaman (The Killing) para a MGM.

Kinnaman interpreta a Alex Murphy, que na primeira parte era un poli que após de morrer nun acto de servizo é resucitado grazas á súa conversión en Robocop, un axente cyborg do departamento de policía de Detroit.

Nesta versión, Oldman interpretará a Norton, o científico que crea a Robocop pero que ao mesmo tempo fica dividido entre os ideais de crear unha máquina coa que pode redescubrir a súa humanidade e traballar para unha grande corporación.

Marc Abraham e Eric Newman son os produtores deste filme que comezará a se rodar en setembro en Toronto coa ideia de se estrear no vindeiro verán de 2013.