O director de Chronicle prepara Colosos

0
157

Ún dos videoxogos mais aclamados e queridos polos fans e que apareceu por primeira vez na PlayStation 2 (logo remasterizado para a PS3) está por dar o seu chimpo á pantalla grande. O director do recente éxito Chronicle, Josh Trank, está a manter conversas coa Sony Pictures sobre a ideia de adaptar ao cinema o popular vodeoxogo da Team ICO de 2005 Shadow Of The Colossus.

Ambientado nunha terra mística e prohibida, a história vai sobre un heroe que quere resucitar á súa amada de entre os mortos. Pero o prezo a pagar será o de que debe matar a 16 xigantes coñecidos coma os Colosos. Nombergantes, mentres está a facer o traballo decáta-se de que foi enganado.

Kevin Misher produce este proxecto e xunto con Trank están a procurar guionistas para o mesmo. Trank xa estivera vencellado anteriormente a outros proxectos semellantes, coma The Red Star na Warners e Venom na Sony.