Após dunha década e vários millóns de dólares gastados en desenvolvemento, a Disney Pictures ven de pechar as portas definitivamente ao proxecto de Order of the Seven.
Order of the Seven comezou coma unha revisión ao estilo asiático e con moitas artes marciais do clásico de Branca Neves, pero logo foi evolucionando para ser a história dunha muller do século XIX en Hong Kong que fuxe da súa malvada madrastra e atopa refúxio entre sete homes pertencentes a unha orde adicada a loitar contra demos e dragóns.
Ainda que nunca tivo a aprobación oficial, Saoirse Ronan ía ser a protagonista e Michael Gracey o director, mentres que a rodaxe debería ter escomezado a finais deste ano en Inglaterra. Precsamente a semana pasada os guionistas de Iron Man Mark Fergus e Hawk Ostby chegaron a bordo para pulir o guión e o cásting dos sete ananos estaba por escomezar.
Nombergantes, todo o proxecto ficara detido cando hai unhas semanas o xefe dos estudos Rich Ross foi despedido (ainda non ten sustituto) e os estudos se decataron de quer o orzamento estaba a subir por riba do recomendado nunha empresa que este ano xa perdeu moitos cartos con John Carter. Por outra banda, este mesmo 2012 e mais o vindeiro 2013 estrearán-se vários filmes baseados en Branca Neves.