O Exorcista prepára-se para a tele

0
212

Xa pasaron case corenta anos dende a estrea do que chamaron, non sen certo tino, o filme mais terrorífico de todos os tempos e O Exorcista (1973) após de dúas secuelas, unha precuela e un sen número de imitacións non sempre de bó gusto, seica vai chegar por fin á tele.

Sean Durkin, director e guionista de Martha Marcy May Marlene, será o encargado de adaptar a clásica novela de terror supervendas de William Peter Blatty nunha série de televisión de dez episódios que será producida pola Morgan Creek e mais por Roy Lee.

Ao longo dos seus dez capítulos a série explorará un pouco mais en profundidade os acontecementos que levaron á famosa “nena do exorcista” a ser posuída polo demo, os efectos que lle causou e como a súa família sobrelevou a situación.

Polo de agora este proxecto está en fase de venda, o que quere dicir que os produtores agardan a que algunha canle queira facer-se cargo da série a partir de xuño.