Engaden 60 millóns mais para Iron Man 3

0
229

Várias fontes informan que após do éxito de Avengers de Joss Whedon, a Marvel Studios decidiu-se por fin a dar un chimpo importante no orzamento de Iron Man 3, que pasará de 140 a 200 millóns de dólares.

A Marvel ten coma política a de facer filmes o mais baratos posíbel, pero o éxito mundial d’Os Vingadores seica encheu de confianza aos directivos, que queren probar agora a ver o que pasa se se inxectan uns cantos cartos de mais nunha porodución que de por si xa estaba destinada a obter unha moi boa recadación. Así pois, os cartos extra (sesenta millóns de dólares, que son uns 47 millóns de euros) chegan cunha petición para a equipa de rodaxe: non só deben facer unha película mellor, senón entregar á Marvel a mellor das películas posíbeis.

A produción polo de agora atópa-se na súa terceira semana de rodaxe en Wilmington, Carolina do Norde, e continuará até o mes de outubro.