Ford podería regresar en Blade Runner 2

0
202

O realizador Ridley Scott manifestara previamente que a súa proposta dunha secuela de Blade Runner estará ambientada no mesmo universo có seu clásico filme de 1982 e que case con total certeza non terá coma protagonista ao persoaxe de Deckard, que interpretara Harrison Ford.

Nombergantes, Scott de todos os xeitos non descartou por completo algún tipo de aparición do actor, e nunhas breves declaracións á prensa inglesa esta fin de semana engadiu que “non coido que Harrison sexa o protagonista, pero teño que te-lo nalgures. Iso sería xenial“.

Hampton Fancher é o encargado de escribir o guión nestes intres.