Vuorensola, encargado de matar a Hitler

0
177

Após de Iron Sky, seica o director Timo Vuorensola non tivo abondo de comédias de ciéncia-ficción e nazis.

Así, diversas fontes informan que Vuorensola será o encargado de dirixir I Killed Adolf Hitler, unha comédia de viaxes no tempo baseada na novela gráfica homónima que producirán conxuntamente a Studio Eight, a Blind Spot Pictures e mais a Niama Film.

A história vai sobre as aventuras dun pistoleiro que atopa algúns problemas após de viaxar atrás no tempo até 1938 coa intención de matar a Adolf Hitler, e así, o sanguinário dictador é enviado ao presente mentres que el fica atrapado no pasado.

D.C. Walker está a escribir o guión, que producirán Jamie e Alex Brow. Vuorensola está ademais ocupado cunha precuela de Iron Sky e mais unha minisérie.