O Home Anfíbio no cinema europeo

0
237

A Bavaria Film Partners, a Trikita Entertainment e mais a Lumiq Studios unirán as súas forzas para desenvolveren conxuntamente unha longametraxe rodada en inglés e con 8 millóns de dólares de orzamento que adaptará ao cinema a novela de ciéncia-ficción escrita en 1928 polo ruso Alexander Beliaiev Человек-Амфибия (O Home Anfíbio).

Usando a tecnoloxía de rodaxe submariña mais moderna, a história narrará as aventuras dun neno chamado Ichtiandr cuxo pai, un inventor e científico, fai-lle un transplante para lle salvar a vida, implantándo-lle galadas de tiburón. O experimento resulta ser un éxito pero limitará seriamente a capacidade do rapaz para interactuar co mundo fóra do seu ambiente oceánico.

O libro, que é o mais famoso dos que escribiu este autor, está ambientado en Buenos Aires (Arxentina) e trata as ideias comunistas sobre como mellorar a vida dos pobres.

O director do filme Mongol, o ruso Sergei Bodrov, está a escribir o guión deste proxecto, que se rodará en Alemaña, Itália e Malta. Polo de agora non hai director nin actores confirmados.

Vladimir Chebotaryov e Gennadi Kazansky dirixiron unha adaptación prévia en 1962 que se converteu nun dos filmes mais populares da história da extinta Unión Soviética.