Kitsch, Hammer e Hedlund a polo lume

0
206

Taylor Kitsch (John Carter), Armie Hammer (The Social Network) e mais Garrett Hedlund (Tron Legacy) son os nomes que están a soar mais para se facer co papel de Finnick Odair na vindeira entrega da saga de The Hunger Games: Catching Fire que producira a Lionsgate.

Nos libros, Odair é un home guapo e bronceado de 24 anos que procede do Distrito 4 e que gañou os Xogos da Fame dez anos atrás. Vai armado cun tridente e unha rede e é famoso por ter moitas amantes polo Capitólio.

Agárda-se que se produza ubn anúncio sobre a decisión final dos estudos xa que a produción está a apurar moito estes días. Polo de agora ningún dos representantes dos devanditos actores fixo comentários sobre os rumores e un voceiro da Lionsgate dixo que “o mesmo que co primeiro filme, nin negaremos nin comentaremos rumores sobre o cásting deste título. Daremos as novas a todo o mundo cando haxa un cásting oficial que anunciar“.

O papel é o mesmo para o que se rumoreou moito o nome de Robert Pattinson (Twilight) a pasada semana, un rumor que ao cabo o mesmo actor desmentiu. A rodaxe de Catching Fire deberá escomezar en outono.