Béisbol contra monstros en Sluggers

0
164

A Broken Road Productions e mais a Terra Firma Films unirán as súas forzas para unha longametraxe baseada no cómic de terror Sullivan’s Sluggers, unha novela gráfica con guión orixinal de Mark Andrew Smith e debuxos de James Stokoe.

Tom e Tim Mullen están a adaptar o guión a partir dos cómics, nos que un ex-adestrador de béisbol e mais o seu equipo de xogadores disfuncionais (os Sluggers) reciben unha invitación para xogar un pequeno partido amigábel. Pero axiña decatarán-se de que deben loitar polas súas vidas contra unha vila de monstros metamórficos que só queren come-los.

Todd Garner, Adam Herz, Joshua Shader, Oric Scott De Las Casas e Sean Robins son os produtores.