Dez minutos extra en Xogo de Tronos

0
227

Após do épico episódio da pasada fin de semana, a canle HBO ven de confirmar que o remate da tempada de Game of Thrones deste domingo 3 de xuño durará 64 minutos no canto dos habituais 54 minutos que dura cada episódio.

Os dez minutos extra permitirán que haxa mais cousas que contar e deixar dispostas para unha explicación que non se producirá até a terceira tempada, xa no vindeiro mes de abril de 2013. Polo de agora, hai moitos subargumentos do segunudo libro que ainda non apareceron nas pantallas, coma o saqueo de Winterfell, a visita de Daenerys á Casa dos Eternos e mais os acontecementos no Desembarco do Rei após da batalla de Augasnegras, e todo iso debería acontecer en tan só un episódio.

A HBO emitiu un comunicado no que di que “a razón é que o episódio 20 de Xogo de Tronos simplemente non se pode conter en 54 minutos de nada! A maior parte dos gravadores de vídeo recoñecerán isto e gravarán o tempo extra, pero pola vosa própia tranquilidade mental por favor non esquezades ver o episódio en directo ou gravar os dez minutos extra o domingo á noite“.