A Marvel fala sobre o novo Thor

775

Mentres falaba sobre o grande éxito do filme Avengers, o presidente de produción da Marvel Kevin Feige comentou nunha recente entrevista que mália o seu cameo no filme, non podemos agardar que o supervilán intergaláctico Thanos apareza axiña novamente.

Cando lle preguntaron se o persoaxe podería ser o superfalcatruán convidado da segunda parte de Thor, Feilge dixo que “Non, futuro, futuro. Pero haberá un novo supervilán principal. Un superfalcatruán moi moi importante“. O que fai pensar que podería estar referíndo-se á Encantadora, unha das mais clásicas inimigas de Thor.

Outra das cousas interesantes que dixo Feige sobre a secuela de Thor é que se amosarán distintas partes de Asgard, e non só os grandes palácios da clase dirixente: “imos ver a outra face de Asgard. Non todo é dourado e pulido neste filme. E os acontecementos d’Os Vingadores afectarán a Thor sen dúbida. A súa relación con Loki continuará evolucionando, e a parte mais salientábel é Natalie [Portman] e Thor regresando con Jane Foster“.

Feige non quere descansar nos seus loureiros. O éxito de Avengers non é o fin do camiño para a Marvel: “Os Vingadores non foi o final para nós. Foi un fito xigantesco, pero non foi nunca un final. Xa estamos a preparar o plan para a seguinte fase do noso pequeno universo cinemático”.