Jim Byrkit atréve-se cos Fraggle Rock

0
158

O coguionista de Rango Jim Byrkit e mais o crítico de cinema Alex Manugian foron contratados para escribir o novo guión do filme dos Fraggle Rock para a New Regency, a Jim Henson Co. e mais a Montecito Picture Co.

Baseada nos clásicos monicreques musicais dos anos 80 creados por Jim Henson, a história irá sobre este divertido grupo de excavadores de covas chamados os Fraggles.

No seu universo, habitual para os fans da série de televisión, tamén existe unha raza de pequenas e industriosas creaturas chamadas os Doozers, e os xigantes peludos, os Gorgs, que miran aos Fraggles coma unha pexa.