Matthew Vaughn entra nos Lexicon

0
163

O director de X-Men First Class e Kick Ass, Matthew Vaughn, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o novo thriller do escritor Max Barry, a novela fantástica Lexicon.

A história está ambientada no mundo contemporáneo, pero nel existe unha organización mundial, moi antiga e secreta, formada por xente que ten un poder de persuasión que é potencialmente mortal.

O seu membro mais salientábel pero tamén mais problemático, unha muller nova, racha a primeira regra da asociación e namóra-se. Vaughn está a escribir o guión coa ideia de dirixir el mesmo a película.