Guy Ritchie dirixe a Illa do Tesouro

0
189

O director de Sherlock Holmes, Guy Ritchie, será o encargado da nova versión para o cinema do clásico da literatura de aventuras de Robert Louis Stevenson Treasure Island [A Illa do Tesouro] para a Warner Bros. Pictures.

Alex Harakis é a fichaxe mais recente para se ocupar de escribir o guión, que se cinguirá ao periodo histórico no que está ambientada a novela, pero dándo-lle asemade un toque de modernidade coa ideia de facer un filme de grande orzamento coa mesma fasquía do Sherlock Holmes protagonizado por Robert Downey Jr. e dirixido polo mesmo Ritchie.

Ritchie, Lionel Wigram e Kevin McCormick serán os produtores. Até agora Paul Greengrass foi quen estivo vencellado ao proxecto.