Podería Cher interpretar a Catwoman?

0
264

CherA cantante e actriz de 62 anos de idade Cher é seica unha das máximas candidatas para interpretar a Catwoman coma principal inimiga de Christian Bale na terceira entrega da saga de Batman que está a ofrecer o director inglés Christopher Nolan.

Cher, gañadora dun Oscar, uniría-se asemade a un reparto no que xa figuran Johnny Depp no papel do Riddler. O persoaxe de Catwoman, unha ladrona que ten un látigo como arma, xa foi interpretado anteriormente por Michelle Pfeiffer e Halle Berry en diversas etapas e filmes.

Un executivo dos estudos Warner Bros. dixo: “Cher é a primeira elección de Nolan para interpretar a Catwoman. El quere retrata-la coma unha vampiresa nos seus anos crepusculares. Pero a nova Catwoman será o contrário completo das creacións ronroneantes de Michelle Pfeiffer e Halle Berry“.

O comezo da rodaxe da nova entrega de Batman, que polo de agora leva o título de traballo de The Caped Crusader [O cruzado con capa], está previsto para primeiros do ano que ven en Vancouver (Canadá).

O Cabaleiro Escuro, o grande éxito nos despachos de billetes deste verán, xa é oficialmente o filme de máis éxito na saga de Batman. A Warner Bros ten a intención de chegar aos 530 millóns de dólares de recadación (uns 360 millóns de euros).

O Cabaleiro Escuro
está protagonizado polo defunto Heath Ledger, que apareceu morto no seu apartamento de Manhattan por mor dunha sobredose de drogas. A súa interpretación do malvado Joker podería mesmo gañar a título póstumo unha nominación aos Oscar.

A aparición máis recente de Cher nas pantallas grandes foi Tea with Mussolini en 1999 e Stuck on You, en 2003, na que se interpretaba a si mesma. A súa única incursión polo de agora no cinema fantástico foi en As bruxas de Eastwick en 1987.